A materia

MATERIA é todo aquilo que ten masa e ocupa un volume no espazo. Pode ser pura ou unha mestura.

Cada tipo de materia ten un tipo de características ou propiedades que nos permiten diferencialas.

  1. PROPIEDADES DA MATERIA
  • Propiedades xerais da materia:  Masa e volume.
  1. Masa: é a cantidade de materia que ten un corpo ou objeto. Adóitase en gramos ou quilogramos con balanzas e básculas.
  2. Volume: é o espazo que ocupa a materia. Adóitase medir en litros e mídese con recipientes medidores.

escanear-24

  • Propiedades características da materia

– Sabor, que percibimos polo gusto.

– Olor, que percibimos polo olfato.

– Cor, que percibimos pola vista.

– Transparencia, capacidade de ver a través deles, como o cristal.

– Dureza, cando é dificil de romper.

– Flexibilidade, capacidade dum material de cambiar de forma sin romper como a plastilina.

– Elasticidade, capacidade dum material de recuperar a forma despois de deformala como a goma elástica.

escanear-29

escanear-30

2. TIPOS DE MATERIA

A materia pódese atopar formada por:

  •   Un só compoñente, a materia pura, como a auga e o ouro.
  •  Pola mesura de varios compoñentes. Estas mesura poden ser:

1.    Mesturas heteroxéneas: Os compoñentes pódense ver a primeira vista,

como o granito, ensaladilla,…

2. Mesturas homoxéneas:   Os compoñentes que a forman non se distinguen,

como a maionesa, aceiro, colacao…

escanear-25

3. ESTADOS DA MATERIA

A materia pode atoparse en tres estados: sólido, líquido e gasoso.

  • Estado sólido: Ten una forma e volume fixos.
  • Estado líquido: Non ten forma fixa, pero o seu volume é fixo.
  • Estado gasoso: Non ten forma nin volume fixo.

escanear-26

4. CAMBIOS  DA MATERIA

A materia cando se quenta ou se arrefría, cambia de estado.

  • Cambios  físicos

Son cambios que se producen por un cambio de forma ou do volume, como a plastilina ao facer unha figura, o cristal cando rompe…

Hai sustancias que pasan dun estado a outro por un cambio de temperatura, como ole pasa á auga. Estes cambios chámanse:

Fusión: pasa de sólido a líquido

Vaporización: pasa de líquido a gasoso.

Condensación: pasa de gasoso a líquido

Solidificación: pasa de líquido a sólido.

escanear-27

  • Cambios químicos

Son cambios que se producen na materia e a sustancia transfórmase noutra diferente, como pasa co lume cando queima madeira que se converte en cinza ou cando fritimos un ovo. Estes procesos chámanse combustión e cocción.

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_4/cmedio/la_materia/la_materia/la_materia.html

 XOGOS

Estados da materia:

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u7_act1/frame_prim.swf

Propiedades dos materiais:

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u7_act2/frame_prim.swf

Advertisements