Segundo trimestre

Segundo Trimestre

 Facendo tapices

Nos animamos a facer un tapiz usando a silla como soporte.

Como nos gustou tanto facelos,  melloramos o sistema amarrando unhas canas de bambú á silla para que serviran de soporte. Así foi máis fácil levalos para casa.

Días máis tarde puxémonos a facer un tapiz colectivo un “pouco” máis grande!!!!

IMG_7797

Nacen máis bichos

Os días anteriores ás vacacións de Semana Santa naceron as mantis religiosas. Naceron máis de 50 exemplares e o seu aspecto é exactamente igual que os seus proxenitores, pero de tamaño minúsulo.

E durante as vacacións naceron as avispas alfareiras que trouxo Zaida. Cando as atoamos xa estaban mortas, porque estaban nun bote cerrado….

Día da Poesía 21 de marzo

Para conmemorar o Día da Poesía cada un de nos fixo un caligrama coa letra dun poema de Gloria Sánchez.

Fomos á aula de 1ºB, limos o poema e escoitaron moi atentos. Ao acabar cada un de nós doulle o seu caligrama a un neno ou nena como regalo. Eles, en agradecemento, fixeron para nos a lectura do poema en grupos de catro.

IMG_7241

Chegou a primavera!!!!!

Hoxe, o primeiro día da primavera, atopamos unha sorpresa na clase!!!!!!

Naceu a Papilo Machaon que tiñamos na clase desde o outono. Despopis de tela na clase unjas horas, levámola ao horro que foi onde atopamos o verme.

Neste vídeo podemos ver como foi o proceso de oruga a volvoreta.

Plantación de camelias polo Día de Rosalía

Antroido

Os días previos ao día do Antroido, vestímonos na biblioteca nun espazo habilitado para este fin.

O venres 24 de febreiro fomos disfrazados da casa.

Visita á exposición en Santiago

“H2OH!, los secretos del agua de tu ciudad”

O vindeiro mércores día 23 de Febreiro imos ir a unha exposición sobre a gestión da augua  nas cidades e o seu obxectivo principal é a concienciación da poboación de facer un uso  responsable da agua. Ademáis poderemos ver os procesos necesarios para ter a auga nas nosas casas, desde o abastecimiento pasando pasando pola potabilización, a distribución e finalmente a depuración para devolver a agua limpa aos nosos ríos.

No vídeo seguinte se explica todo o proceso de forma sinxela.

Explicación interactiva do concello de Barcelona sobre o ciclo urbano da agua.

http://www.aiguesdebarcelona.cat/es/el-ciclo-urbano-del-agua?inheritRedirect=true

Facemos unha depuradora en clase

Materiais: auga sucia, duas botellas de plástico e unha botella grande de cristal, grava, area, carbón activo e algodón.

Temporal en Galicia febreiro 2017

É tóxica ou contaminante a escuma que apareceu en A Garda co temporal destes días?

O investigador da sede do Instituto Español de Oceanografía en Vigo, Francisco Rodríguez, explica por que se produce este fenómeno e de que se compón esa escuma.

Rodríguez aclara que non se trata de ningún produto químico contaminante. Ver as praias cubertas de escuma non é estraño nalgunhas partes da costa galega cando se producen fortes temporais como o destes días e a marea está alta. En xaneiro de 2014, tamén na Guarda, chegou a cubrir ata os coches aparcados fronte ao mar. A marea repetiuse tamén en temporais de 2015 e 2016.

“O mar está cheo de materia orgánica, que é froito da actividade biolóxica dos organismos. Moita desa escuma prodúcese por plancto, formado por proteínas, lípidos, aminoácidos”, explica Rodríguez. A composición do plancto varía dunha zona a outra, por iso a escuma só prodúcese en lugares e en condicións específicas. En zonas de Australia, conta, é frecuente velo.

“É como cando colles unha clara de ovo, pura proteína (albúmina), e métela nunha botella con auga. Se a axitas, vas ter unha escuma enorme”, asegura o investigador. Isto ocorre porque as moléculas teñen partes hidrófilas -atraídas pola auga- e hidrófobas -que repelen a auga, como o aceite-, e ao removelas, unhas partes quedan pegadas á auga e outras non.

“Nun temporal de inverno pasa o da botella pero ao besta, como nunha xigantesca batidora”

http://www.lavozdegalicia.es/video/vigo/2017/02/02/temporal-guarda/0031_2017025307850869001.htm

Fixemos a proba de batir clara de ovo con auga

dsc_0020

dsc_0013

Mateplástica

Hoxe fixemos en plástica unha actividade na que traballamos o metro cuadrado. Recortamos cuadrados de 1 metro de lado e  pegamos liñas retas con cinta adhesiva por parellas, facendo liñas paralelas e oblicuas. Despois enchemos de cores os hocos que quedaron.

Animais. Artrópodos

Fai un tempo trouxemos á clase un ooteca de araña e otra dunha mantis religiosa. As ootecas son os depósitos ou niños onde algúns animáis como as arañas, cucarachas e mantis, poñen os ovos.

Estivemos pendientes do nacimiento dos ovos e este luns démonos conta de que naceran centos de arañas!!!!! Coincideu con que estamos estudiando en Naturais a clasificación dos animáis. Veunos moi ben a coincidencia e poidemos ver coas lupas que as arañas nacen co mesmo aspecto de cando son adultas, pero en tamaño diminuto. Turnámonos para usar as lupas e mentras esperamos  vimos unha colección de artrópodos que temos na aula de experimentación.

Queremos resaltar que Xavi, un compañeiro da clase, manifestou recientemente nunha actividade de tutoría, o seu medo aos “bichos”. Estábamos preocupados pola sua reacción ao ver tantas arañas, pero para a nosa sorpresa atreveuse a miralas coa lupa!!!! Sinteuse “estupendo” e moi orgulloso da súa hazaña.

Despois de observalas unhas levámolas ao horto para que poideran vivir e realizar a súa función na natureza e outras quedaron na clase. Seguiremos observándoas.

Convivimos. A localidade

Facemos unha maqueta dunha pequena localidade. Primeiro fixemos o trazado que é irregular , despois fixemos os edificios e algún mobiliario.

Relevo e Paisaxe

Aproveitamos que nas vacacións do Nadal todos fixemos algunha viaxe para facer esta actividade. No mapa físico de Galicia marcamos o lugar onde estivemos e comprobamos a altura sobre o nivel do mar usando como referencia as cores do mapa segundo nos indica a penda. Dous compañeros estuvieron fora de galicia, un estivo nutro país, Portugal, e outa neutra comunidade autónoma, Asturias, e comprobamos que son fronterizas coa nos a comunidade autónoma.

localidade-1-027

Publicado o 
Advertisements