Enerxía 3º

Enerxía é a capacidade da materia de xerar movemento, de cambiar e de producir cambios nos obxetos.

Enerxía é a capacidade de facer funcionar as cousas.

1. FORMAS DE ENERXÍA

A enerxía maniféstase de diversas formas:

1. Enerxía calorífica:  Manifestase en forma de calor.

2. Enerxía luminosa: Manifestase en forma de luz.

3. Enerxía química: É a enerxía que teñen almacenadas algunhas sustancias como o carbón, a madeira, o petróleo, o gas ou os alimentos dos que obtemos enerxía.

4. Enerxía cinética: A que teñen os corpos debido ao seu movimento.

5. Enerxía eléctrica: A que desprenden os raios e temos nos nosos fogares para facer funcionar os electrodomésticos.

6. Enerxía sonora: Cando un corpo vibra emite unha enerxía sonora que é o son.

Tipos-de-energia

Mira estas imaxes e intenta averiguar a qué forma de energía pertence.

This slideshow requires JavaScript.

2. TRANSFORMACIÓN DA ENERXÍA

Todas as formas de enerxía pódense transformar en outras. Ás veces transformase de forma natural; outras veces o hombre inventa máquinas para producir os cambios.
Exemplos:
1. A fotosíntesis é un exemplo da transformación da enerxía luminosa en química.

2. A enerxía eléctrica transformámola encalorífica cunha estufa, en luminosa con unha bombilla ou en cinética cun ventilador.

3. Nas centrais eólicas prodúcese a inversa:enerxía cinética en eléctrica.

Ley fundamental da enerxía:

A enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma.

3. FONTES DE ENERXÍA

Unha fonte de enerxía é todo material ou fenómeno do que podemos obter enerxía.

A principal fonte de enerxía é é o Sol. Outras fontes son o petróleo, madeira, carbón, vento, auga, etc.

Hai dous tipos de fontes de enerxía: Fontes non renovables e fontes renovables.

A. Fontes de enerxía non renovables: Tardan millóns de anos en formarse, esgótanse e ademáis contaminan.

  1. O carbón.- Utilízase como combustible nas industrias
  2. O petróleo.–  Atópase enterrado en pozos. Del obtenemos todas as gasolinas, o butano, os plásticos, etc.
  3. O gas natural.- Do mesmo xeito que este atópase en pozos subterráneos.Úsase como combustible nas casas para a calefacción e auga quente.

Extracción de petróleo                             Extracción de carbón

B. Fontes de energía renovables: Non se esgotan nunca e non contaminan.

  1. O sol produce energía solar que se recolle nos paneles solares.
  2. O vento produce enerxía eólica a través dos aéreoxeneradores.
  3. A auga  en movemento produce enerxía hidráulica. 

                 Enerxía solar                              Enerxía eólica                       Enerxía hidráulica

4. AFORRO ENERXÉTICO

Para crecer, desprazarnos, etc., necesitamos enerxía. Pero ademáis necesitamos tamén enerxía para casi todas as nosas actividades.
Cada vez consúmese máis enerxía que está a provocar o agotamientode as enerxías non renovables.

A humanidade ten o reto de buscar alternativas e ademais é imprescindible aforrar energía e cuidar o planeta.

Como aforrar enerxía:

1. Apagando as luces cando non fan falta, non malgastar auga quente…

2. Usar aparellos de baixo consumo.

3. Reciclar papel, vidro, plástico, pilas,…

4. Usar transporte público, ou se é posible deixar o coche e ir a pé ou en bicicleta.

5. Reducir a calefacción da casa, pechar as xanelas mentres haxa calefacción, levar roupa cálida.

6. Elixir produtos con envases que sexan pouco contaminantes.

7. Reutilizar as bolsas de plástico (para ir á compra, nas merendas, etc.)

8. Utilizar pilas recargables en lugar de desechables.