A enerxía é a capacidade responsable de todos os cambios que se producen ao noso ao redor.
Fontes de enerxía, vídeo explicativo.
-
Calor
A calor é a enerxía que pasa dun corpo a outro máis frío e podemos percibila polo sentido do tacto.
O corpo que está máis quente pásalle parte da súa enerxía ao corpo máis frío, ata que os dous corpos teñen a mesma temperatura.
A temperatura mídese co termómetro.
Efecto da calor nos corpos.
Cando un corpo recibe energía en forma de calor, poden suceder tres fenómenos:
- Cambio de temperatura cando pasa a calor dun corpo máis quente a outro máis frío.
- Cambio de volume. Cando un corpo se quenta aumenta o seu volume. Esto chámase dilatación e cando se arrearía reduce o seu volume. Esto chámase contracción.
- Cambio de estado. Cando quentamos a materia pasa de sólido a líquido (fusión) e de líquido a gas (vaporización). Si arrefriamos a materia pasa de gas a líquido (condensación) e de de líquido a sólido (solidificación).
2. Luz
A luz é unha forma de enerxía que nos ilumina e que percibimos polo sentido da vista.
Fontes luminosas.
- Fontes luminosas naturais: Atópanse na natureza e emiten luz propia como o sol, os lóstregos, as estrelas…
- Fontes luminosas artificiais: Son as creadas polo home como as lámpadas.
Características da propagación da luz
- Viaxa a gran velocidade
- Móvese en liña recta
- Propágase en todas as direccións
- Atravesa os materiais translúcidos e os transparentes, pero non os opacos.
Propiedades da luz
Reflexión: Cambio de dirección que experimenta a luz cando choca con un corpo. Este fenómeno permítenos ver os objetos que non teñen luz propia.
Refracción: É o cambio de dirección que sufre a luz cando pasa dun medio a outro.
3. O son
O son é unha forma de energía que se produce pola vibración dos corpos e que percibimos polo sentido do oído.
O son propágase a través dun medio natural como a terra ou o aire. Canta máis materia teña o medio polo que se transmite máis rápido se propaga. Polo aire o son viaja máis lento que polla terra.
Características da propagación do son
- O son é moito máis lento que a luz
- Propágase en liña recta
- Propágase en todas as direccións.
Características do son:
Os sons teñen unhas características que fan posible que os diferenciemos. Deste xeito podemos distinguir unha voz doutra.
- Intensidade: Permite diferenciar sons fortes e sons débiles. ( Un claxon e o piar dun paxaro)
- Ton: permite distinguir os tons agudos e os tons graves.
- Timbre:
xogo características do son:
4. A electricidade
A electricidade é unha forma de enerxía que permite que funcionen os aparelhos eléctricos como a venera, a TV, os ordenadores, as lámpadas,…
Cando queremos facer funcionar un aparello eléctrico conectámolo a un enchufe.
Pero, de onde vén a corrente eléctrica? A corrente eléctrica é a circulación de electróns (Esto o estudiaredes máis adiante). Prodúcese nas centrais hidráulicas, os xeradores eólicos, placas solares,… e logo é conducida a través de grosos cables, que forman a rede de distribución, ata as estacións de transformación e finalmente, ás nosas casas.
Circuitos eléctricos:
REPASO
https://www.mundoprimaria.com/juegos-ciencias/juego-fuentes-energia/
https://www.mundoprimaria.com/juegos-ciencias/juego-transformacion-energia/