Historia 3º

A historia é a ciencia que estuda os feitos que sucederon no pasado á humanidade.

  1. A MEDIDA DO TEMPO

Para poder facer estes estudios temos que medir o tempo, e para eso usamos distintos instrumentos.

Para medir o tempo na nosa vida diaria usamos o reloxo e o calendario.

medida do tempo copia

medida do tempo

Para medir períodos de tempo máis longos usamos os anos, os lustros, as décadas, os séculos e os milenios.

1 lustro equivale a 5 anos.

1 década equivale a 10 anos.

1 século equivale a 100 anos.

1 milenio equivale a 1.000 anos.

medida tempo2

2. HISTORIADORES E FONTES HISTÓRICAS

As persoas que estudan a Historia chámanse historiadores.

Os historiadores estudan e buscan información nas fontes históricas.

Fontes históricas: Todo o que nos serve para ter información do que aconteceu no pasado.

fontes historicas

3. AS IDADES DA HISTORIA

edades

Nos imos a estudiar dúas destas etapas, a Prehistoria e a Idade Antiga.

Prehistoria: A prehistoria é a etapa que vai desde os primeiros homes ata que apareceu a   escritura.

4. A PREHISTORIA

A prehistoria é a etapa máis longa da humanidade que durou millóns de anos.

Pola contra, a historia ten unha duración de 6.000 anos (6 milenios) aproximadamente, desde a aparición da escritura ata os nosos días.

A prehistoria divídese en duas grandes etapas, a Idade de Pedra e a  Idade dos Metais. Nos ímonos centrar na Idade de Pedra formada polo Paleolítico e o Neolítico.

Despois do Neolítico pasamos a Idade dos Metais na que se empezaron a usar metais como cobre, bronce, ferro, ouro, prata…, para facer ferramentas e xoias.

Características destas idades:

                 PALEOLÍTICO                        NEOLITICO
·      Eran nómadas. Ían dun sitio para outro   buscando alimento. ·      Eran sedentarios, vivían en lugares fixos.
·      Recolectaban os alimentos ·      Apareceu a agricultura, empezaron a       cultivar plantas.
·      Cazaban e pescaban. ·      Apareceu a gandería, criaban animais.
·      Vivían en covas en pequenos grupos. ·      Vivían en pequenos poboados.
·      Vestíanse con peles de animais. ·      Tecían a roupa en telares e facían                  cerámica.
·      As ferramentas eran de pedra e ósos. ·      As ferramentas de pedra tallada.
·      Descubriron o lume. ·      Descubriron a roda e usaban os cabalos para ir dun sitio para outro.
·      Nas pinturas rupestres representanse animais e liñas. ·      Pintaban animais e figuras humanas, petroglifos e construcciónns megalíticas:dólmenes, mehires,…
    A continuación podedes ver distintas imaxes destas épocas. Intenta recoñecer a qué etapa pertence cada unha delas.

 

  • prehistoria

prehistoria galicia

A %d blogueros les gusta esto: