Como está constituida España

A localidade 3º

O traballo 3º

 

1. España é unha monarquía parlamentaria.

É unha monarquía porque o xefe do estado é o rei, que ten a obliga de representar a todos os españois e defender a Constitución. O rei non fai as leis, nin fai cumplir as leis, nin goberna.

A Constitución é a lei máis importante de España. Nela atopamos que:

  • Recolle todos os dereitos (como o traballo, a educación,..)  e todos os deberes (como o respeto ás leis, protección do medio ambiente,..) de todos os españois.
  • Establece como debe ser o funcionamento do goberno de España.
  • Reflicte como é a organización do territorio, por exemplo, as comunidades autónomas .
  • Video explicativo A constitución http://agrega2.red.es//repositorio/01022010/9c/es_2009063043_7240140/cm014_oa01_gl/index.html

2. Así funciona unha monarquía parlamentaria:

1. O rei é o xefe de estado.

2. Nas Cortes, formadas polo Congreso e polo Senado, elabóranse as leis e son aprobadas polos deputados e os senadores. Estes deputados e senadores son elexidos unhas eleccións democráticas.

3. As Cortes elixen un Goberno que está formado polo presidente e os seus ministros. Teñen a función de gobernar e facer funcionar as leis.

4. Os xuices e outros expertos traballan nos tribunais de xustiza. Eles vixían e fan que    se cumplan e respecten as leis.

LAS INSTITUCIONES DE ESPAÑA CUADRO

  • Xogo O congreso e o senado

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cono_4EP_ud12_congresoysenado_gal/frame_prim.swf

 

 

3. Como se organiza o territorio?

España está dividida en territorios que necesitan organizarse.

  1. Municipio

A nosa localidade, Bertamiráns a tópase no  municipio de Ames. O municipio é a menor división territorial de España e está formado por un territorio e a súa poboación repartida en diferentes localidades.

O concello é o grupo de persoas elixidas para gobernar un municipio e organizar os servizos municipais.

O concello está formado por:

  • O alcalde: é a máxima autoridade.
  • Concelleiros: grupo de persoas que traballan xunto ao alcalde ou a alcaldesa. Cada un deles ocúpase dunha tarefa diferente: hai concelleiros de transporte, de educación, de sanidade, de festexos, etc.
  • Traballadores municipais: persoas contratadas polo concello para organizar os servizos municipais.

 

Servizos municipais

Os servizos municipais son os servizos que organiza o concello para atender aos cidadáns. Destacan:

 Transporte público: autobús, tren, metro…

 Sanitarios: centros de saúde e hospitais.

 Educación e cultura: colexios, museos…

 Seguridade e tráfico: policía.

 Emerxencias: bombeiros, protección civil…

 Limpeza e xardinería: parques e xardíns.

 Recollida de lixos.

 Reparacións e mantemento das rúas.

O alcalde e os seus concelleiros son elexidos nas Eleccións Municipais.

  • Video explicativo O concello, as localidades:

http://agrega.juntadeandalucia.es//repositorio/09032011/21/es-an_2011030943_9090552/cm012_oa01_gl/index.html

  • Video explicativo Servicios municipais:

http://agrega.juntadeandalucia.es//repositorio/09032011/21/es-an_2011030943_9090552/cm012_oa02_gl/index.html

  • Xogo Eleccións municipais

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/CMedio_3Ep_bloqueIII_gal_13_elecciones_ok/frame_prim.swf

2. Provincia

O concello de Ames pertence á provincia de A Coruña.

Unha provincia é un conxunto de municipios unidos entre si por razóns xeográficas e históricas. Cada provincia ten unha capital, que adoita ser unha cidade grande.

As autoridades da provincia toman decisións sobre temas que afectan os municipios: construcións de colexios e estradas, contratación de traballadores, etc.

En España hai cincuenta provincias e en Galicia catro.

Mapa dos municipios de A Coruña

 

3. Comunidades Autónomas

Unha ou varias provincias forman unha comunidad autónoma. Cada comunidad autónoma ten un goberno propio e xestiona a educación, a sanidad, a vivenda, a economía,…

Mapa das autonomías

Comunidades autónomas:

Andalucía
Aragón
Principado de Asturias
Baleares
Canarias
Cantabria
Castela A Mancha
Castela e León
Cataluña
Extremadura
Galicia
A Rioxa
Comunidade de Madrid
Rexión de Murcia
Navarra
País Vasco Euskadi
Comunidade Valenciana

Galicia

Simbolos de Galicia

Bandeira, escudo e himno de Galicia

  • Video explicativo comunidades autónomas

http://agrega2.red.es//repositorio/01022010/9c/es_2009063043_7240140/cm014_oa04_gl/index.html

  • Xogo puzzle comunidades autónomas:

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto3ga.html

4. País

España está formada polas 17 comunidades autónomas e duas cidades autónomas Ceuta e Melilla.

 Símbolos de España

Bandeira, escudo e himno

Bandeira, escudo e himno de España

 

5. Unión Europea 

España forma parte da Unión Europea e comparte con otros europeos a moeda, as leis, as normas e institucións como o Parlamento Europeo.

4. A poboación

Para estudar e clasificar a poboación utilízase: o censo e o padrón

Censo: A lista dos habitantes dun país. En España hai 46.549.045 habitantes.

Padrón: A lista de habitantes dunha localidade e revísase continuamente. En Ames hai 29.857 personas empadronadas.

Cando os cidadáns doutro país chegan ao noso país chámase inmigración e cando os cidadáns dun país van a outro país, chámase emigración.

A poboación e o traballo.

En relación co traballo, a poboación divídese en dous grupos: A poboación activa e a non activa

  • Poboación activa: É a formada polas persoas adultas que poden traballar. Dentro dela hai dous grupos: os traballadores ocupados e os non ocupados.  Os traballadores ocupados son os que traballan e reciben un soldo por iso.  Os traballadores non ocupados, parados ou desempregados, son o que, estando en idade e en condicións de traballar, non o fan porque non teñen un posto de traballo.
  • Poboación non activa:  A poboación non activa é a formada polas persoas que realizan traballos sen recibir diñeiro a cambio, e polas que non traballan debido a algunha causa. Pertencen á poboación non activa os estudantes, quen coida das súas familias ou están xubilados, os voluntarios das chamadas ONG ou organizacións non gobernamentais

 

Sectores de produción

Os distintos tipos de actividades nas que traballa a poboación activa organízanse en tres grandes sectores:

  1. primario,
  2. secundario e
  3. terciario.

O sector primario agrupa todas as actividades que teñen que ver coa obtención dos produtos naturais. (Agricultura, gandería, minaría, explotacións forestais)

O sector secundario agrupa todas as actividades que teñen que ver coa transformación dos produtos naturais: artesanía e industria. 

O sector terciario agrupa todas as actividades que prestan servizos. Son as relacionadas coa sanidade, a educación, o transporte, o comercio, a hostalería e o turismo.