Terceiro trimestre

Ola de calor

Estes días de calor temos na aula unha temperatura de 33 graos. Para combatir a calor refrescámonos coa mangueira.

Como os peixes na pescadería!!!!!

IMG_8487

 

Facemos pinturas rupestres

Usando o mesmo método que usaban na prehistoria, intentamos facer as pegadas das nosas mans coa técnica do soplido, igual que na Cova das mans da Patagonia.

 

 

Mantemento do horto e os seus frutos.

Trasplantamos os xirasois, recollimos fresas e observamos o nacemento do froito da froita da paixón ou maracuyá, que crece nas columnas da entrada ao colexio.

 

 

Experimento:

Qué lle pasa a unha planta si non ten luz?

Collimos duas plantas iguais. Unha delas a metimos dentro dun cubo opaco, de xeito que non lle chegara a luz do sol. A outra deixamola no horto exposta á luz.

Fixemos fotos ao longo dun mes e o proceso foi como se pode ver na seguinte presentación.

 

 

IMG_7890IMG_7998IMG_8028IMG_8138col experimentoO horto.

Co inicio da primavera empezamos o tema das plantas e decidimos facer unha pequena plantación no horto.

Sara trouxo unas pipas de xirasol para plantalas. Vimos o proceso de xerminación  na clase e despoís levamos as pequenas plantas ao horto.

 

 

Ademáis dos xirasoles plantamos cebolas, leitugas, pementos e coles. Aproveitamos para ver os tipos de raices, de talos e de follas. As plantas do horto sirven para o noso alimento.

Das patacas comemos a raiz,

das cebolas comemos o talo,

das leitugas es as coles comemos as follas,

dos pementos os froitos e

dos xirasoles as sementes.

 

 

Fai cos demáis o que che gustaría que fixeran contigo.

Un vídeo para reflexionar…

Experimentos coa materia.

Estudiando o tema da materia poidemos ver as características, os estados, os tipos e os cambios da materia.

  • Materiales con aspecto similar, pero con texturas diferentes.
  • Experimentos coa materia en estado gasoso que demostra que ainda que non se ve, ocupa un lugar.
  • Poidemos ver os cambios físicos e químicos no porespán. O cambio físico cando o rompemos e o cambio químico cando o introducimos en acetona e se vai desintegrando.
  • O magnetismo.
  • Elaboramos líquido non newtoniano con Maizena.

 

 

Anuncios

Segundo Trimestre

 Facendo tapices

Nos animamos a facer un tapiz usando a silla como soporte.

Como nos gustou tanto facelos,  melloramos o sistema amarrando unhas canas de bambú á silla para que serviran de soporte. Así foi máis fácil levalos para casa.

Días máis tarde puxémonos a facer un tapiz colectivo un “pouco” máis grande!!!!

IMG_7797

Nacen máis bichos

Os días anteriores ás vacacións de Semana Santa naceron as mantis religiosas. Naceron máis de 50 exemplares e o seu aspecto é exactamente igual que os seus proxenitores, pero de tamaño minúsulo.

E durante as vacacións naceron as avispas alfareiras que trouxo Zaida. Cando as atoamos xa estaban mortas, porque estaban nun bote cerrado….

Día da Poesía 21 de marzo

Para conmemorar o Día da Poesía cada un de nos fixo un caligrama coa letra dun poema de Gloria Sánchez.

Fomos á aula de 1ºB, limos o poema e escoitaron moi atentos. Ao acabar cada un de nós doulle o seu caligrama a un neno ou nena como regalo. Eles, en agradecemento, fixeron para nos a lectura do poema en grupos de catro.

IMG_7241

Chegou a primavera!!!!!

Hoxe, o primeiro día da primavera, atopamos unha sorpresa na clase!!!!!!

Naceu a Papilo Machaon que tiñamos na clase desde o outono. Despopis de tela na clase unjas horas, levámola ao horro que foi onde atopamos o verme.

Neste vídeo podemos ver como foi o proceso de oruga a volvoreta.

Plantación de camelias polo Día de Rosalía

Antroido

Os días previos ao día do Antroido, vestímonos na biblioteca nun espazo habilitado para este fin.

O venres 24 de febreiro fomos disfrazados da casa.

Visita á exposición en Santiago

“H2OH!, los secretos del agua de tu ciudad”

O vindeiro mércores día 23 de Febreiro imos ir a unha exposición sobre a gestión da augua  nas cidades e o seu obxectivo principal é a concienciación da poboación de facer un uso  responsable da agua. Ademáis poderemos ver os procesos necesarios para ter a auga nas nosas casas, desde o abastecimiento pasando pasando pola potabilización, a distribución e finalmente a depuración para devolver a agua limpa aos nosos ríos.

No vídeo seguinte se explica todo o proceso de forma sinxela.

Explicación interactiva do concello de Barcelona sobre o ciclo urbano da agua.

http://www.aiguesdebarcelona.cat/es/el-ciclo-urbano-del-agua?inheritRedirect=true

Facemos unha depuradora en clase

Materiais: auga sucia, duas botellas de plástico e unha botella grande de cristal, grava, area, carbón activo e algodón.

Temporal en Galicia febreiro 2017

É tóxica ou contaminante a escuma que apareceu en A Garda co temporal destes días?

O investigador da sede do Instituto Español de Oceanografía en Vigo, Francisco Rodríguez, explica por que se produce este fenómeno e de que se compón esa escuma.

Rodríguez aclara que non se trata de ningún produto químico contaminante. Ver as praias cubertas de escuma non é estraño nalgunhas partes da costa galega cando se producen fortes temporais como o destes días e a marea está alta. En xaneiro de 2014, tamén na Guarda, chegou a cubrir ata os coches aparcados fronte ao mar. A marea repetiuse tamén en temporais de 2015 e 2016.

“O mar está cheo de materia orgánica, que é froito da actividade biolóxica dos organismos. Moita desa escuma prodúcese por plancto, formado por proteínas, lípidos, aminoácidos”, explica Rodríguez. A composición do plancto varía dunha zona a outra, por iso a escuma só prodúcese en lugares e en condicións específicas. En zonas de Australia, conta, é frecuente velo.

“É como cando colles unha clara de ovo, pura proteína (albúmina), e métela nunha botella con auga. Se a axitas, vas ter unha escuma enorme”, asegura o investigador. Isto ocorre porque as moléculas teñen partes hidrófilas -atraídas pola auga- e hidrófobas -que repelen a auga, como o aceite-, e ao removelas, unhas partes quedan pegadas á auga e outras non.

“Nun temporal de inverno pasa o da botella pero ao besta, como nunha xigantesca batidora”

http://www.lavozdegalicia.es/video/vigo/2017/02/02/temporal-guarda/0031_2017025307850869001.htm

Fixemos a proba de batir clara de ovo con auga

dsc_0020

dsc_0013

Mateplástica

Hoxe fixemos en plástica unha actividade na que traballamos o metro cuadrado. Recortamos cuadrados de 1 metro de lado e  pegamos liñas retas con cinta adhesiva por parellas, facendo liñas paralelas e oblicuas. Despois enchemos de cores os hocos que quedaron.

Animais. Artrópodos

Fai un tempo trouxemos á clase un ooteca de araña e otra dunha mantis religiosa. As ootecas son os depósitos ou niños onde algúns animáis como as arañas, cucarachas e mantis, poñen os ovos.

Estivemos pendientes do nacimiento dos ovos e este luns démonos conta de que naceran centos de arañas!!!!! Coincideu con que estamos estudiando en Naturais a clasificación dos animáis. Veunos moi ben a coincidencia e poidemos ver coas lupas que as arañas nacen co mesmo aspecto de cando son adultas, pero en tamaño diminuto. Turnámonos para usar as lupas e mentras esperamos  vimos unha colección de artrópodos que temos na aula de experimentación.

Queremos resaltar que Xavi, un compañeiro da clase, manifestou recientemente nunha actividade de tutoría, o seu medo aos “bichos”. Estábamos preocupados pola sua reacción ao ver tantas arañas, pero para a nosa sorpresa atreveuse a miralas coa lupa!!!! Sinteuse “estupendo” e moi orgulloso da súa hazaña.

Despois de observalas unhas levámolas ao horto para que poideran vivir e realizar a súa función na natureza e outras quedaron na clase. Seguiremos observándoas.

Convivimos. A localidade

Facemos unha maqueta dunha pequena localidade. Primeiro fixemos o trazado que é irregular , despois fixemos os edificios e algún mobiliario.

Relevo e Paisaxe

Aproveitamos que nas vacacións do Nadal todos fixemos algunha viaxe para facer esta actividade. No mapa físico de Galicia marcamos o lugar onde estivemos e comprobamos a altura sobre o nivel do mar usando como referencia as cores do mapa segundo nos indica a penda. Dous compañeros estuvieron fora de galicia, un estivo nutro país, Portugal, e outa neutra comunidade autónoma, Asturias, e comprobamos que son fronterizas coa nos a comunidade autónoma.

localidade-1-027

Primeiro Trimestre

 

 Os alimentos e os nutrientes.

Desde o departamento de Relixión, fíxose unha campaña de recollida de alimentos. Aproveitamos para clasificar os alimentos tendo en conta os nutrientes que conteñen,  ver o etiquetado  e os distintos tipos de envasado.

Despois de telas clasificados fiemos a pirámide alimentaria.

 

O relevo

Como complemento ao tema O relevo, fixemos unha maqueta cos elementos do relevo de interior e de costa. Inicialmente era unha paisaxe natural, pero nós pouco a pouco a convertemos nunha paisaxe humanizada poñendo casas, pontes, carreteras…

O corpo humano. As nosas características

Novembro 2026

Na clase de plástica debuxamos o noso corpo tendo en conta as nosas características personais.

Unidades, decenas, centenas, unidades de millar  

Novembro 2016

Un día de outono recollimos follas do liquidambar que está no patio de infantil e tamén levamos follas dunha árbore que se chama gynko.

Fixemos montóns de 10 unidades para facer 1 decena.

Cando tíñamos 10 decenas as xuntamos e facíamos 1 centena.

Cando tiñamos 10 centenas facíamos 1 unidad de millar e conseguimos 1.000 follas!!!!!!

Foi moi divertido!!!!!!

 

Autora: Andrea

En decembro as decoramos, lles puxemos un lazo e temos cada un de nós unha

“centena guirnalda” para o Nadal!!!!

25 centenas = 2 unidades de millar e 5 centenas= 2.500 unidades

 

Reanimación Cardio Pulmonar  R.C.P.

Novembro 2016

Crecemos. Medímonos e pesámonos.

Novembro 2016

Na clase de Ciencias Naturais debuxámonos nun papel que María, a profe, puxera na parede do corredor. Pegamos as fotos de cando tiñamos 3 anos, 6 anos e unha foto actual.

Pesámonos, medímonos e vimos como fomos cambiando.

FOI MOI DIVERTIDO!!!!

Autora: Amanda

Outono

Outubro 2016

Neste día pintamos follas usando témperas e pinceis.

Cada un debuxou o que quiso e a todos nos quedaron ….

XENIAL!!!!

Logo colgámolas no corredor penduradas dunha rama para que as vexan os compañeiros doutras clases e decorar os corredores.

Autora: Alba

Oruga

Outubro 2016

O día que fomos a limpar o horto atopamos duas orugas grandes e chamativas. Unha estaba no fiuncho e outra nuha árbore moi pequena que tiña as follas comidas. Ao día seguinte vimos que a oruga que estaba na ábore convertírase en crisálida. Miguel, o profesor de Educación Física dixonos que era unha Papilio machaon ( A que aparece na foto)

Collimos a árbore do horto e a levamos á clase para poder ver a evolución da crisálida e o nacemento da volvoreta. A árbore secou porque a regamos con auga salada que estaba preparada para un experimento, pero a crisálida sigue o seu proceso.

Seguimos esperando…

Coidamos o horto.

Outubro 2016

Un día fomos ao horto para limpar as malas herbas. Collimos flores, , semillas e froitos.

Despois cando chegamos á clase miramos pola lupa binocular as flores e as semillas.

Autor: Artai

Elaboramos un sistema solar.

Setembro 2016

Un día na clase de Naturais, cando estaba Miguel con nos, fomos á aula de experimentación para elaborar un sistema solar cada un de nos.

Utilizamos uns folios que estaban pintados previamente con esmalte de uñas e agua. Para facer os planetas usamos tapóns de distintos tamaños e despois os pegamos nunha cortolina negra.

Autor: Mario López

O noso Universo

Setembro 2016

img_4334

A Terra móvese!!!! 

Setembro 2016

Para comprobar que a Terra móvese,  saimos ao patio e marcamos con tizas as sombras que fai o sol. Deixamos pasar uns minutos e poidemos ver que as sombras cambiaban de lugar.

Nos primeiros días de curso.

Setembro 2016

Ese día estábamos facendo tres arcos da vella coas cores magenta, amarelo e al. Mesturamos estas cores:

  • Co amarelo e o azul fixemos o verde.
  • Co magenta e o azul fixemos o violeta
  • Co megenta e amarelo fixemos o laranxa.

A uns lles saiu moi ben, pero a outros non tanto…

Deixamos secar a pintura e ao día seguinte os colgamos nos corredores. Agora imos  a repartir os tres arcos da vella en 25 anacos para levar cada un o seu para casa.

Autora: Aysha.