Primeiro Trimestre

 

 Os alimentos e os nutrientes.

Desde o departamento de Relixión, fíxose unha campaña de recollida de alimentos. Aproveitamos para clasificar os alimentos tendo en conta os nutrientes que conteñen,  ver o etiquetado  e os distintos tipos de envasado.

Despois de telas clasificados fiemos a pirámide alimentaria.

 

O relevo

Como complemento ao tema O relevo, fixemos unha maqueta cos elementos do relevo de interior e de costa. Inicialmente era unha paisaxe natural, pero nós pouco a pouco a convertemos nunha paisaxe humanizada poñendo casas, pontes, carreteras…

O corpo humano. As nosas características

Novembro 2026

Na clase de plástica debuxamos o noso corpo tendo en conta as nosas características personais.

Unidades, decenas, centenas, unidades de millar  

Novembro 2016

Un día de outono recollimos follas do liquidambar que está no patio de infantil e tamén levamos follas dunha árbore que se chama gynko.

Fixemos montóns de 10 unidades para facer 1 decena.

Cando tíñamos 10 decenas as xuntamos e facíamos 1 centena.

Cando tiñamos 10 centenas facíamos 1 unidad de millar e conseguimos 1.000 follas!!!!!!

Foi moi divertido!!!!!!

 

Autora: Andrea

En decembro as decoramos, lles puxemos un lazo e temos cada un de nós unha

“centena guirnalda” para o Nadal!!!!

25 centenas = 2 unidades de millar e 5 centenas= 2.500 unidades

 

Reanimación Cardio Pulmonar  R.C.P.

Novembro 2016

Crecemos. Medímonos e pesámonos.

Novembro 2016

Na clase de Ciencias Naturais debuxámonos nun papel que María, a profe, puxera na parede do corredor. Pegamos as fotos de cando tiñamos 3 anos, 6 anos e unha foto actual.

Pesámonos, medímonos e vimos como fomos cambiando.

FOI MOI DIVERTIDO!!!!

Autora: Amanda

Outono

Outubro 2016

Neste día pintamos follas usando témperas e pinceis.

Cada un debuxou o que quiso e a todos nos quedaron ….

XENIAL!!!!

Logo colgámolas no corredor penduradas dunha rama para que as vexan os compañeiros doutras clases e decorar os corredores.

Autora: Alba

Oruga

Outubro 2016

O día que fomos a limpar o horto atopamos duas orugas grandes e chamativas. Unha estaba no fiuncho e outra nuha árbore moi pequena que tiña as follas comidas. Ao día seguinte vimos que a oruga que estaba na ábore convertírase en crisálida. Miguel, o profesor de Educación Física dixonos que era unha Papilio machaon ( A que aparece na foto)

Collimos a árbore do horto e a levamos á clase para poder ver a evolución da crisálida e o nacemento da volvoreta. A árbore secou porque a regamos con auga salada que estaba preparada para un experimento, pero a crisálida sigue o seu proceso.

Seguimos esperando…

Coidamos o horto.

Outubro 2016

Un día fomos ao horto para limpar as malas herbas. Collimos flores, , semillas e froitos.

Despois cando chegamos á clase miramos pola lupa binocular as flores e as semillas.

Autor: Artai

Elaboramos un sistema solar.

Setembro 2016

Un día na clase de Naturais, cando estaba Miguel con nos, fomos á aula de experimentación para elaborar un sistema solar cada un de nos.

Utilizamos uns folios que estaban pintados previamente con esmalte de uñas e agua. Para facer os planetas usamos tapóns de distintos tamaños e despois os pegamos nunha cortolina negra.

Autor: Mario López

O noso Universo

Setembro 2016

img_4334

A Terra móvese!!!! 

Setembro 2016

Para comprobar que a Terra móvese,  saimos ao patio e marcamos con tizas as sombras que fai o sol. Deixamos pasar uns minutos e poidemos ver que as sombras cambiaban de lugar.

Nos primeiros días de curso.

Setembro 2016

Ese día estábamos facendo tres arcos da vella coas cores magenta, amarelo e al. Mesturamos estas cores:

  • Co amarelo e o azul fixemos o verde.
  • Co magenta e o azul fixemos o violeta
  • Co megenta e amarelo fixemos o laranxa.

A uns lles saiu moi ben, pero a outros non tanto…

Deixamos secar a pintura e ao día seguinte os colgamos nos corredores. Agora imos  a repartir os tres arcos da vella en 25 anacos para levar cada un o seu para casa.

Autora: Aysha.

Deixar un comentario