Facemos pinturas rupestres
Usando o mesmo método que usaban na prehistoria, intentamos facer as pegadas das nosas mans coa técnica do soplido, igual que na Cova das mans da Patagonia.
Mantemento do horto e os seus frutos.
Trasplantamos os xirasois, recollimos fresas e observamos o nacemento do froito da froita da paixón ou maracuyá, que crece nas columnas da entrada ao colexio.
Experimento:
Qué lle pasa a unha planta si non ten luz?
Collimos duas plantas iguais. Unha delas a metimos dentro dun cubo opaco, de xeito que non lle chegara a luz do sol. A outra deixamola no horto exposta á luz.
Fixemos fotos ao longo dun mes e o proceso foi como se pode ver na seguinte presentación.




O horto.
Co inicio da primavera empezamos o tema das plantas e decidimos facer unha pequena plantación no horto.
Sara trouxo unas pipas de xirasol para plantalas. Vimos o proceso de xerminación na clase e despoís levamos as pequenas plantas ao horto.
Ademáis dos xirasoles plantamos cebolas, leitugas, pementos e coles. Aproveitamos para ver os tipos de raices, de talos e de follas. As plantas do horto sirven para o noso alimento.
Das patacas comemos a raiz,
das cebolas comemos o talo,
das leitugas es as coles comemos as follas,
dos pementos os froitos e
dos xirasoles as sementes.
Fai cos demáis o que che gustaría que fixeran contigo.
Un vídeo para reflexionar…
Experimentos coa materia.
Estudiando o tema da materia poidemos ver as características, os estados, os tipos e os cambios da materia.
- Materiales con aspecto similar, pero con texturas diferentes.
- Experimentos coa materia en estado gasoso que demostra que ainda que non se ve, ocupa un lugar.
- Poidemos ver os cambios físicos e químicos no porespán. O cambio físico cando o rompemos e o cambio químico cando o introducimos en acetona e se vai desintegrando.
- O magnetismo.
- Elaboramos líquido non newtoniano con Maizena.